DÍA DA INFANCIA 2019. RETO #OBXECTIVO30DEXANEIRO. GRÚAS POLA PAZ

Presentación do reto a todo o cole, por parte dos Representantes do Club de Convivencia, no Día da Infancia. 

Contaron a Historia de Sadako Sasaki e as mil grúas de papel e preguntaron se aceptaban o reto de intentar facer 1000 para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz para poder conseguir un desexo de corazón. O resto do cole aceptou o reto sen dubidalo!!

A HISTORIA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS

Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes mil grúas de papel.

A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Foi o 6 de agosto de 1945. Dez anos máis tarde (cando tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia.

Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das mil grúas de papel.

A historia consiste en que se desexas algo de corazón e constrúes mil grúas de papel os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas.

Foi así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma mil grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo, porque faleceu moito antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira encartar 644 grúas de papel.

Pero, os seus amigos e amigas continuaron a súa misión e completaron o mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e conseguísese a paz entre todos os países do mundo.

Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos e nenas de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua, onde aparece ela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima co lema: «Este é o noso berro, esta é a nosa petición: paz no mundo».




"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. " 

Eduardo Galeano.

#obxectivo30xaneiro





Comentarios