COMO FUNCIONA O NOSO CLUB DE CONVIVENCIA?

O noso Club de Convivencia é unha figura organizativa que facilita a participación activa de todo o alumnado, como un dos obxectivos do grupo de convivencia do noso centro.

Todos os nenos e nenas do centro forman parte do Club de Convivencia, xa que entendemos que é tarefa de todos e de todas lograr unha convivencia positiva e toda a comunidade educativa ten un papel importante na participación e colaboración para que isto suceda.

No mes de novembro, seleccionamos entre os que se presentaron voluntarios/as, a dous representantes de cada clase como portavoces dos seus compañeiros e compañeiras de aula. Formulamos uns criterios de selección, buscando por unha banda perfís de nenos e nenas con boas habilidades emocionais e sociais para guiar/dirixir ao grupo, e por outra banda nenos e nenas con menos habilidades nestes ámbitos pero que considerabamos que podían beneficiarse das actividades de formación do club de convivencia para lograr esas habilidades. E no Día da Infancia despedimos aos representantes saíntes e lle damos a benvida aos novos/as. 

Contamos así con representantes que se reúnen todos os venres no tempo de ler (20 minutos) xunto as mestras do grupo de traballo para abordar principalmente:

  • Propostas e demandas: conflitos que xurdiron, ideas para resolvelos, incluír novos espazos de xogo, de calma, establecer normas…
  • Ofrecer ferramentas que lle axuden a mediar na resolución de conflitos. Traballando habilidades emocionais, sociais e de comunicación.
  • Traballar nas conmemoracións como o día contra a violencia de xénero, día da paz... Creando manifestos, preparando o acto...
  • Traballar en prol do reto anual para conseguir o mundo que queremos, baseado na aprendizxe por servizo.

Comentarios