ENCONTRO SOLIDARIO EN CASTRELOS: 24 DE MAIO 2026

Queremos convidarvos a formar parte do momento máis importante do ano. Despois da emocionante viaxe en bicicleta do noso mestre Cristian e do intercambio de cartas cos campamentos de Tindouf, chega a culminación do Reto do Valle deste ano! 🌟 de Vigo ata o Sahara.


Para celebralo e render homenaxe á viaxe de Cristian, queremos contar cunha auténtica marea solidaria! 🌊❤️


📅 Cando? O vindeiro 24 de maio ás 11:00 da mañá. 

📍Onde? No Parque de Castrelos. 

🚴‍♂️ Como? ¡A carreira farase en bici! Quen poida, que traia a súa para pedalear xuntos. (Tamén valen patinetes, triciclos, ou calquera cousa con rodas)


🎒 Inscrición: A entrada para participar consistirá nunha doazón de material escolar para o pobo saharauí.


📌 Información importante sobre as doazóns: 


1️⃣ Punto de recollida no cole: Proximamente habilitaremos espazos no colexio para que poidades deixar o material. En canto estean listos, avisámosvos de onde estarán situados! 🏫 

2️⃣ Prazo ampliado: Lembrade que as doazóns non rematan coa carreira; poderanse seguir facendo ata o final do curso escolar, que será cando preparemos o envío.


Como dicía Galeano: "Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo". 


Trae a túa bici e axúdanos a facer historia en Castrelos! 🚲✨

Comentarios