Nestes días o mestre Cristian fixo unha pequena presentación nas aulas para aclarar certas dúbidas que soaban dende o Día da Infancia... Que vai facer Cristian? Como vai cruzar o mar en bicicleta? Que vai comer? Como vai volver se ten pensado doar a súa bici no Sáhara Occidental?
Pois isto e todo o que a maiores lle preguntaron resolveuno nunha pequena charla na que se falou dos seguintes temas:
- Que é unha fronteira? Chama moito a atención cando comparamos as fronteiras europeas coas de moitos países africanos.
Seguramente, se reparaches nos mapas durante uns segundos, chamoute a atención que as fronteiras de moitos países do norte e centro de África son totalmente rectas. Curiosamente, nesta parte do mundo hai unha morea de conflitos. Terá isto algo que ver? Pois xa vos adiantamos que si.
Xustamente, nun destes conflitos céntrase o noso reto deste ano: O SÁHARA OCCIDENTAL.
Como parte de España que foi, cremos importante coñecer e difundir o que alí está a pasar.
Pero en que consistirá o reto?
- O alumnado do Valle-Inclán escribirá unas cartas que unha delegación de SOGAPS levarán directamente desde o cole ao Sáhara. Peeero, Cristian a súa vez irá a coñecer a súa lexítima terra e farao en bicicleta. En canto volva leremos as cartas de menos saharauís onde nos falarán dos seus soños. Aquí comeza o verdadeiro reto, cumprir soños.
Agora o traballo está nas vosas mans... A escribir moitas cartas para que poidan levarse aos nenos e nenas do Sáhara!
Se queres ampliar os teus coñecementos... Aquí vos deixamos o vídeo que empregou Cristian nas charlas.






Comentarios
Publicar un comentario