Este curso, en colaboración co equipo de complementarias do centro, puidemos celebrar a tradicional festa dos Maios con persoas moi especiais para o noso alumnado. Os nenos e nenas convidaron a persoas maiores relevantes para elas e eles a participar na creación do maio no cole.
A xornada arrancou coa obra de teatro "Planeta Bugallo", coa que o alumnado de 5º e 6º agasallaron ás persoas convidadas. Todo un éxito.
Logo compartimos unha merenda grazas ás achegas das persoas convidadas e de seguido comezamos a preparar os maios. Unhas persoas colocaron fiúnchos, outras coseron flores, laranxas, etc. Un espectáculo ver xente con tanta diferenza de idade traballando xunta.
Hoxe comprendemos en primeira persoa que un mundo sen idadismo e soidade é posible.
GRAZAS FAMILIAS E PROFESORADO POR FACELO POSIBLE!!
#obxectivo15dexuño. Apoderamento da vellez.
Comentarios
Publicar un comentario