JUDITH SCOTT (1943-2005)



Judith Scott naceu en 1943 xunto coa súa xemelga Joyce Scott en Cincinnati, Ohio. Judith tiña Síndrome de Down.

Durante a súa infancia tivo escarlatina e perdeu audición pero non se descubriu ata ben tarde.

Ata os 6 anos viviu na casa cos seus pais, a súa xemelga e os seus irmáns.

https://youtu.be/gHPIDO1cYsAA esa idade foi ingresada nunha institución estatal para nenos e nenas con discapacidade intelectual.

Nesa institución falaban dela como una nena inqueda, violenta e ineducable sen saber que non oía.

Uns anos despois foi trasladada a  outra institución Gallipolis, Ohio.

Medrou sen case ningún tipo de educación, sen falar nin escoitar, sen aprender a ler ou escribir, sen aprender linguaxe de signos e privada da súa xemelga Joyce.

En 1985, 36 anos despois, a súa irmá Joyce adoptouna e levouna a vivir con ela a California.

En 1987,  comezou a estudar no Creative Growth Art Center en Oakland, California, un centro que traballa con persoas con diversidade funcional a través da arte.

Nos dous primeiros anos Judith garabateaba bucles e círculos sobre o papel e non parecía gustarlle aquelo; era tal o seu aparente desinterese que dende a escola de arte consideraron que rematara a súa participación no programa. 

Un día, de casualidade, observou una clase impartida por la artista téxtil Sylvia Seventy, que facía de profesora visitante no centro.

Empregando os materiais que Sylvia deixara dispoñibles (paus e madeixas de fío) Judith comezou a tecer de xeito único e radicalmente diferente a todo o mundo. Judith descubriu a súa paixón pola escultura.

O seu don esculpindo comezou pronto a coñecerse e déronlle total liberdade para crear cos materiais e obxectos que ela quixera, ela envolvíaos coidadosamente con fíos de cores creando marabillosas e singulares esculturas.

Algunhas delas se parecíanse a casulos ou a partes  do corpo  mentres que outras eran como un tótem alongado. Moitos dos seus traballos se presentan pares, coma se fosen obras xemelgas.

A súa primeira exposición foi en 1999, coincidindo coa publicación do libro de John MacGregor Metamorphosis: The Fiber Art of Judith Scott. 

Ambos eventos fixeron que tivera sona internacional, o seu traballo fíxose moi popular no mundo do outsider art ou arte marxinal. 

Hoxe en día Judith Scott é aclamada como unha artista contemporánea e a súa obra atópase en coleccións permanentes de importantes Museos como o  MOMA de Nova Iorque e o Museo de Arte Moderno de San Francisco...







Comentarios