Aínda que sexamos pequenos e pequenas podemos facer cousas moi grandes.
Xa o amosamos o curso pasado, onde traballando xuntos e xuntas conseguimos un reto que ao principio parecía case imosible.
Agora toca propoñer un novo reto, pero antes imos a repasar o que xa conseguimos ata agora (preme na imaxe para acceder á presentación)
Estamos fartos de que día a día vexamos como o mundo vaise convertendo nun campo de batalla.
Sabemos que isto supón traballar o respecto, a tolerancia a outras culturas e outras maneiras de pensar.
Este ano queremos traballar para acabar coas armas e as fronteiras.
Así, amosaremos ás persoas maiores, o 5 de marzo, o Día Internacional para concienciar sobre o desarme e a non proliferación, o mundo no que queremos vivir.
Seremos colibrís. Farémolo o mellor que podamos.
Aceptades o reto?
Comentarios
Publicar un comentario