A HISTORIA DE SADAKO SASAKI


O 6 de agosto de 1945 Sadako Sasaki tiña 2 anos cando os Estados Unidos lanzou a bomba atómica en Hiroshima. Sadako foi afectada e estivo a loitar contra a leucemia producida pola radiación da bomba. Sadako propúxose facer mil grúas de origami.

Cando estaba no hospital, cada día as enfermeiras vían como crecían o número de grúas de papel pero só puido facer seiscentas corenta e catro.

A nena xaponesa faleceu por leucemia o 25 de outubro de 1955 aos 12 anos. Os seus amigos acabaron o soño de Sadako conseguindo facer as trescentas cincuenta e seis restantes. Sadako é un referente mundial dos movementos pacifistas e cada ano miles de nenos envían grúas de papel pedindo a paz, no monumento dedicado a Sadako está escrito "Este é o noso berro, esta é a nosa pregaria: Paz no mundo".

Israel González Alonso, representa do Club de Convivencia
6º de EP. CEIP VALLE-INCLÁN

Comentarios