ACTO POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2019

O CEIP Valle-Inclán aposta por cambiar o conto e traballar na erradicación da violencia de xénero.

Ao finall da entrada podedes ver os vídeos cos que reflexionamos nesta conmemoración.

Así como a banda sonrora do Acto: A Porta Violeta d@s nos@s compañeir@s do CEIP Fonte Escura.

Compartimos aquí o Manifesto que se elaborou dende o Club de Convivencia e que asinou todo o alumnado.

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, a comunidade educativa deste centro escolar reúnese para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Neste acto queremos reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis estendida no mundo.

Asemade, queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións e combater calquera outro tipo de violencia.

É polo que a comunidade educativa aquí reunida manifesta:

  • Facer respectar os dereitos das mulleres e das nenas.
  • Pedir que os homes paren de pegar as mulleres.
  • Pedir que os homes paren de pegar as mulleres.
  • Pedir que os homes paren de pegar as mulleres.
  • Pedir que os homes paren de pegar as mulleres.
  • Non utilizar escusas como o alcol e as drogas para pegar.
  • Condenar todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal.
  • Aprender a relacionarnos respectuosa e solidariamente.
  • Tratarnos con paz e amor.
  • Utilizar modelos e mensaxes cooperativas e dialogantes.
Comprometidos con este manifesto as e os que abaixo asinamos faremos que isto se cumpra alí onde esteamos.

CEIP VALLE- INCLÁN, A 25 DE NOVEMBRO DE 2019.














Comentarios