OBRADOIROS DE INVERNO. GRÚAS DE ORIGAMI

 Hoxe dentro dos nosos tradicionais obradoiros de inverno onde todo o alumnado mesturado participa en diferentes actividades en colaboración con profesorado e familias.

Aproveitamos para facer un de grúas de papel onde traballando en cadea conseguimos facer 133 grúas.

Os pequenos facían os primeiros priegues, logo as pasaban as mesas dos medianos que as continuaban, antes de pasar aos maiores que as remataban.

Unha vez listas as familias as cosían en guirnaldas de 40 tal e como piden en Hiroshima.

Que ben o pasamos... 

Chegaremos ás 1.000?








Comentarios