MANIFESTO POLA PAZ. 2020

 MANIFESTO EN FAVOR DA PAZ

O día 31 de xaneiro, a comunidade educativa deste centro escolar reúnese para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Neste acto queremos reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre os desencontros entre países, as tensións internacionais, as guerras e as ameazas constantes...

Aínda que somos nenos e nenas, dámonos conta do que pasa ao noso ao redor. Sabemos que hai lugares no mundo onde hai guerras, violencia de todo tipo, asasinatos, pelexas, hai muros, fronteiras, hai países inimigos... que hai moitos nenos que  que enferman como Sadako, morren de disparos, de fame, non poden xogar, se destrúen escolas, casas, parques, a xente ten que fuxir…...porque nos seus países hai guerra.

En todos estes casos de violencia e inxustiza os que máis perdemos somos nós os nenos e as nenas. Por iso, e aínda que sexamos pequenos, querémoslles dicir aos que mandan no mundo:

QUE PAREN AS GUERRAS!

Que traballen por un mundo mellor e en Paz!

Todos temos un soño...: Un mundo onde todos sexamos amigos e non rivais. Soñamos cun mundo en que si se poida vivir, porque hai PAZ. Imaxinamos un mundo en que todos poidamos vivir porque hai sitio para todos. Por iso hoxe todos os que formamos parte deste colexio, reunímonos aquí.

Asemade, queremos manifestar o noso compromiso de traballar para conseguir unha convivencia pacífica e respectuosas coas persoas, nacións e co planeta. É polo que a comunidade educativa aquí reunida manifesta:

-      Seguir facendo grúas para cumprir desexos de corazón.

-      Comprometernos a coidar o medio ambiente.

-      Esixir aos gobernantes non entrar en guerras e non pelexarse entre países.

-      Favorecer a convivencia, non pelexar nin insultar...

 Comprometidos e comprometidas con este manifesto, as e os que abaixo asinamos faremos que isto se cumpra alí onde esteamos.

         CEIP VALLE- INCLÁN, A 31  DE XANEIRO DE 2020.

Comentarios