AS NOSAS GRÚAS XA ESTÁN EN HIROSHIMA!

 OBXECTIVO CUMPRIDO!

Fai uns meses iniciamos un reto común, un proxecto ao que se sumou moita xente. Tivemos un soño, como Sadako.

Pois hoxe compartimos que o noso #obxectivo30dexaneiro está cumprido. As nosas grúas xa colgan xunto a estatua de Sadako en Hiroshima.

Grazas a tod@s aos que axudaron a cumprir este soño. Agora so queda agardar que se cumpran os nosos dous desexos.

Pero o Club de Convivencia continúa. Estamos invitados a participar no Encontro do día Internacional da Paz coa @fundacionsadako.

Temos pendentes tamén unha videochamada con Tomoko da @fundacionsadako para falar desta experiencia cos nenos e nenas do cole.

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. Eduardo Galeano.

Porque ás veces os desexos cúmprense.






Comentarios