DÍA DA INFANCIA 2020

O pasado 20 de novembro, co gallo da celebración do Día da Infancia, presentamos o lema deste curso, baseados no conto de Wangari Maathai: “Eu serei un colibrí”.


Os representantes do Club de Convivencia presentaron o novo reto. Aquí o tendes.

Un ano máis, estamos reunidos no Día da Infancia para reflexionar sobre o mundo no que queremos vivir.

Aínda que sexamos pequenos podemos facer cousas moi grandes.

Xa o amosamos o curso pasado, onde traballando xuntos e xuntas conseguimos un reto que ao principio parecía case imposible. Agora toca propoñer un novo.

O 2020 será o ano do coronavirus, pero nós intentaremos que non se volva a repetir.

Sabemos que este virus está relacionado co mal que tratamos á natureza. Facemos cousas mal, o planeta enferma, e nós con el.

Así que para evitar máis coronavirus, e que o planeta se vaia a porra, este curso queremos traballar para coidar o medio ambiente.

Así, amosaremos ás persoas maiores o 5 de xuño, o Día Mundial do Medio Ambiente, O MUNDO NO QUE QUEREMOS VIVIR.

Seremos colibrís. Farémolo o mellor que poidamos.

Aceptades o reto?



Comentarios