APERTURA DO MERCADO SOLIDARIO DE ÁRBORES!


DÍAS 17, 18 E 21 DE XUÑO!!!
OS/AS PEQUENOS/AS COLIBRÍS ABREN O SEU MERCADIÑO BENÉFICO A FAVOR DE “THE GREEN BELT MOVEMENT” EN ÁFRICA.
Tras alcanzar o reto de 1.000 árbores conseguidas, cos que se pretenden reforestar os Montes de Vigo, os/as pequenos/as colibrís do CEIP Valle-Inclán abren un mercadiño solidario en beneficio de “THE GREEN BELT MOVEMENT” que loita para promover a reforestación en África.
O mercadiño desenvolverase durante o xoves 17 e o venres 18 desta semana e durante o luns 21 de xuño, no que se regalarán árbores a todas as persoas que se acheguen ao centro e comprométanse a coidalas.
Así mesmo haberá unha urna na que, quen queira, poderá deixar a súa doazón que se destinará en beneficio do “Movemento Cinto Verde de África”.
O horario de apertura neses días será de 9:10-11:30 h. e de 12:20-13:40 h.
Moitas grazas pola vosa participación.

Comentarios