RETO 2021 CONSEGUIDO!


OBXECTIVO CUMPRIDO!
Hoxe conmemoramos no cole o Día Mundial do Medio Ambiente e orgullosas e orgullosos podemos afirmar que conseguimos o noso #obxectivo5dexuño.
Temos máis de 1.000 árbores listas para doar e conseguir plantar un auténtico cinto verde en Vigo como fixo Wangari Maathai en Quenia.
Moitas grazas a todas a persoas que axudaron a cumprir este soño e aos convidados e convidadas, por compartir con nós un día tan especial. Xefe territorial, inspectora, Conselleiros de Educación e Medio Ambiente, Mancomunidade de Montes de Vigo, ANPA, FOANPAS, e como non, as nosas veciñas e amigas de Viveiros e Florería Flores, e a nosa asesora Araceli.
E non podemos rematar sen recoñecer o gran traballo dos protagonistas deste reto, os pequenos e pequenas colibrís do Valle-Inclán, profes e as familias. Sen o voso esforzo e adicación isto non sería posible.
Tamén queremos recoñecer a implicación de particulares que vos sumastes a esta iniciativa.
Xunt@s conseguiremos o MUNDO QUE QUEREMOS.
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.

 













COMPARTIMOS AQUÍ O NOSO MANIFESTO:


SOMOS NOTICIA!


REMATAMOS COA NOSA BANDA SONORA: COLIBRÍS!




Comentarios