DÍA DA INFANCIA 2021


Hoxe conmemoramos esta data presentando novo reto.
Este curso queremos traballar para conseguir #omundoquequeremos como auténticas abellas.
Para elo os e as representantes contáronnos o conto de "A abella Zum Zum e o pole arco da vella", incluído no libro " Contos para salvar o planeta" de Anna Casals e Paolo Ferri, ilustrado por Cris Ramos. E por suposto aceptamos o reto que nos propuxeron. Agora empeza o período de aportar ideas, propostas, etc, relacionadas co coidado dos animais. Se o curso pasado conseguimos ser como Wangari Maathai e crear un viveiro con máis de 1000 árbores para crear un cinto verde nos Montes de Vigo... Que será este curso?
Hoxe tamén toca despedir aos representantes do curso pasado #obxectivo5dexuño, Reto Cinto Verde, sen deixar de darlles as grazas pola súa implicación. Pero como é natural deixan o seu posto en boas mans. Parabéns para os novos representantes.
Imos a polo #obxectivo5dexuño, Reto... (Continuará)
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.
Eduardo Galeano.






Comentarios