3º CLASIFICADOS NOS PREMIOS EDUCATIVOS INNOVAGAL

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ven de concedernos este galardón polo noso compromiso coa innovación educativa buscando así dar resposta as necesidades do noso alumnado.
Neste caso en concreto premian o noso traballo no #obxectivo5dexuño . O mundo que queremos. Reto Cinto Verde. Onde o alumnado, a partir das propostas do Club de Convivencia, involucrouse activamente na reforestación dos Montes de Vigo, dando resposta a unha necesidade social.
Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible.

Comentarios