PARRULOS NO VALLE!

Dende que temos un estanque no patio, grazas a @voznatura, recibimos a visita de cando en vez dunha familia de parrulos... Por iso pedímoslle ao noso conserxe, Juan, que nos fixera unha casa para que se queden a durmir no cole.
E velaquí está, súper confortable... E no piso superior un comedeiro de paxaros, por se outras especies teñen fame.
Seguimos construíndo o mundo que queremos, como David Attenborough.




Comentarios