DÍA DA TERRA 2021!

No Valle-Inclán queremos sumarnos ao compromiso pola emerxencia climática. 

Por iso queremos compartir que as mans de todas as nenas e nenos do cole plantaron unha árbore.
A maiores os e as representantes de Convivencia plantaron unha tulipa africana. A mesma que plantou Wangari aos pes do Monte Quenia cando gañou o Nobel da Paz.

Seguimos co noso compromiso e coidando todas as nosas árbores do cinto verde como colibrís.

Comentarios