#OBXECTIVO 5 DE XUÑO, O MUNDO QUE QUEREMOS. RETO ANIMALISTAS DO VALLE INCLÁN.

 #OBXECTIVO5DEXUÑO. O MUNDO QUE QUEREMOS

RETO ANIMALISTAS DO VALLE-INCLÁN

Os nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán traballamos para construír o mundo que queremos. Cada ano no Club de Convivencia propoñemos un reto.

Entre todos, o primeiro curso, conseguimos enviar  2.000 grúas de origami e dous desexos de corazón a Xapón, ao Parque da Paz de Hiroshima. Para elo a nosa inspiración foi a figura de Sadako Sasaki, unha nena que faleceu a consecuencia da bomba de Hiroshima. Grazas a este proxecto recibimos o recoñecemento da Fundación Atresmedia como mención de honra no Premio Grandes Iniciativas e o 2º premio de Boas Prácticas de Inclusión Educativa da Consellería de Educación.

O curso pasado curso o Club traballamos para que a crise do coronavirus non se volva a repetir polo que nos comprometemos a coidar o noso planeta. Por iso inspirámonos na Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e o seu cinto verde en África. 

Conseguimos facer un cinto verde no noso cole,  e creamos un viveiro, como fixo Wangari,  onde coidamos máis de 1.000 árbores que logo doamos a Mancomunidade de Montes de Vigo . Tamén colaboramos coa fundación Green Belt Movement en Quenia, grazas ao mercadiño solidario de árbores que montamos no cole.

Este curso queremos axudar aos animais, como David F. Attenborough, recoñecido naturalista británico que leva moitos anos defendendo os dereitos dos animais. Para elo imos a colaborar con diferentes protectoras de animais, facendo unha campaña de recollida de produtos que precisan para desenvolver a súa labor.

Temos de prazo ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Para ese día soñamos con ter 1.000 pequenas doazóns. O curso pasado queríamos 1.000 árbores, porque non este curso 1.000 doazóns?

Para iso precisamos a vosa axuda: necesitamos Lixivia, lixivia con deterxente, xabón para o chan, xabón multiusos, xabón de lavadora, suavizante, amoníaco, mantas, estropallos, baetas, fregonas, vasoiras, recolledores, luvas de fregar, bolsas e sacos de lixo, mantas, toallas e xornais.

Tamén precisamos: area para gatos, pensos e comida húmida, pipetas, colares antiparasitarios, todo para cans e gatos.

Axudádesnos a conseguir o noso reto? Facédenos chegar as vosas doazóns ao cole. Estaremos encantados e encantadas de recibilas.

Achegamos aquí uns vídeos sobre, David Attenborough e o conto da Abella Zoom Zoom e o pole arco da vella, unha historia que nos inspira a seguir loitando polo mundo que queremos. Traballaremos como auténticas abellas para facelo.

Somos abellas, polinizando o mundo.





Comentarios