VIGO, A 30 DE XANEIRO DE 2023, CEIP VALLE-INCLÁN DE VIGO.
Esta comunidade educativa, comprométese a asumir o legado de Judith Scott como comunidade defensora da arte en prol da gratitude para con aquelas persoas que, salvando as súas propias dificultades, adican a súa vida a crear universos paralelos, distintos e orixinais e nos agasallan con creacións extraordinarias e unicas, cheas de talento, esforzo e humanidade.
Como comunidade custodia da equidade e coa finalidade de promover a democracia, defender os dereitos humanos e garantir a igualdade entre persoas, indistintamente das súas necesidades e dificultades, comprometémonos a ser unha “comunidade mecea”, convertíndonos en doadores de becas artísticas na FUNDACIÓN IGUALARTE para aqueles e aquelas que máis o precisen.
Para elo queremos elaborar mil obras de arte usando a técnica empregada por esta artista, aceptados o reto?
Precisamos a colaboración de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA. Facédenos chegar as vosas esculturas. Podedes elaboralas na casa, en familia, con amigos, etc.
E como símbolo do compromiso que adquirimos, hoxe, 30 de xaneiro, elaboramos estas obras de arte creadas por nós baseándonos na obra da artista contemporánea Judith Scott.
#OBXECTIVO21DEMARZO. O MUNDO QUE QUEREMOS.
REPORTAXE NO FARO DE VIGO
Comentarios
Publicar un comentario