RETO 2023. DIFUSIÓN DA ANPA



A comunidade educativa do CEIP Valle Inclán de Vigo, comprométese a asumir o legado de Judith Scott como defensora da arte en prol da gratitude para con aquelas persoas que, salvando as súas propias dificultades, adican a súa vida a crear universos paralelos, distintos e orixinais e nos agasallan con creacións extraordinarias e unicas, cheas de talento, esforzo e humanidade.
Como comunidade custodia da equidade e coa finalidade de promover a democracia, defender os dereitos humanos e garantir a igualdade entre persoas, indistintamente das súas necesidades e dificultades, comprometémonos a ser unha “comunidade mecea”, convertíndonos en doadores de becas artísticas na FUNDACIÓN IGUALARTE para aqueles e aquelas que máis o precisen.
Para elo queremos elaborar mil obras de arte usando a técnica empregada por esta artista, aceptados o reto?
Precisamos a colaboración.
Facédenos chegar as vosas esculturas. Podedes elaboralas na casa, en familia, con amigos, etc.
Se a túa entidade quere participar, fai chegar ao CEIP Valle-Inclán (Av. do Alcalde de Lavadores, 16, 36214 Vigo, Pontevedra) as vosas obras!
A túa aportación é IMPRESCINDIBLE!
Grazas!!

Comentarios