MOITAS GRAZAS!!! RETO SUPERADO

Hoxe, esta comunidade educativa, puxo fin ao noso reto anual #obxectivo21demarzo, “O mundo que queremos”, reto: “Somos como Judith Scott”.

Un ano máis temos o pracer de poder dicir: “Reto conseguido, grazas ás 1289 esculturas recibidas.
Agradecemos a todas aquelas persoas que hoxe nos acompañaron no acto de peche: Fundación Igualarte, Asociación Down Vigo, Xefatura Territorial de Educación e Inspección Educativa, Concelleiros de Educación e de Benestar e Política Social, representantes da ANPA e FOANPAS, familias, peques e claustro. 
Esta comunidade está inmensamente agradecida a todos os centros educativos, centros de día, asociacións… que se sumaron ao noso reto. 
Nos vindeiros días o noso museo e mercadiño quedará aberto agardando as vosas visitas para, coas doazóns feitas, poder acadar moitas becas artísticas para persoas con diversidade funcional.
Grazas de todo 💙. 
Grazas Judith por amosarnos que a arte non ten límites e que cada quen ten un xeito único de expresarse💙

Vigo a 21 de marzo de 2023. Club de Convivencia CEIP Valle-Inclán.



Comentarios