O PROGRAMA DE MAIORES DA CRUZ VERMELLA VISITA O NOSO MUSEO

 Hoxe tivemos a sorte de acoller no noso cole unha visita moi especial, usuarios do Programa de maiores da Cruz Vermella acompañados de voluntari@s. Logo de facer esculturas para doar no noso museo quixeron vir a visitalo. 

Foi un orgullo ver o ben que os acolleron os e as representantes e o interese amosado polos visitantes.

Unha experiencia que non esquecerán ningunha das partes implicadas! 




Comentarios