CHARLA SOBRE O NOSO CLUB DE CONVIVENCIA NA ESCOLA DE MAXISTERIO CEU

 O pasado 11 de maio, fomos invitados pola Escola de Maxisterio CEU, a falar dentro do seu ciclo de conferencias, sobre o noso Club.

Todo elo organizado polo mestre Alberto Santos que se enterou do noso reto e quixo coñecer a nosa historia. Pareceulle tan interesante que nos propuxo para dar unha conferencia na súa escola, e alí fomos.

E quen mellor para contar como funciona un Club de Convivencia e como conseguimos superar distintos retos ano a ano, que os propios representantes do Club. Falaron do que facemos nas reunións, de todos os retos que conseguimos e do importante que é a súa labor no noso cole.

A maiores inauguramos unha exposición temporal na propia facultade cunha pequena mostra das nosas esculturas empregando a técnica de Judith Scott, reto deste curso.

Foi fabuloso escoitar como nenos e nenas tan cativas collían o protagonismo e tomaban a palabra diante dun auditorio tan impresionante como este.

Unha experiencia das que non se esquecen, nin para os peques nin para os estudantes da escola que amosaron moito interese na charla.

Grazas por brindarnos a oportunidade de compartir a nosa historia.











Comentarios