VISITA A IGUALARTE E ENTREGA DA BOLSA SOLIDARIA JUDITH SCOTT

 Hoxe fixemos entrega dos cartos recadados na venda de obras de arte a través das doazóns da Comunidade Educativa e de todas aquelas persoas que de xeito altruísta colaboraron coa nosa causa. 

No centro acolléronnos de marabilla. Amosáronnos o seu traballo e coñecimos as súas instalacións.

Un orgullo para un pequeno centro como o noso colaborar en que persoas con diversidade funcional poidan asistir a clases de arte, igual que fixera no seu día Judith Scott.











Comentarios