VÍDEOS PRESENTACIÓN CANDIDATURA PREMIOS REPENSANDO LA EDUCACIÓN. BBVA E FUNDACIÓN FAD

Os nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán traballamos para construír o mundo que queremos. Cada ano no Club de Convivencia propoñemos un reto.

Este ano temos claro que queremos traballar para que a crise do coronavirus non se volva a repetir e para elo debemos coidar o noso planeta. Por iso este ano inspirámonos na Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e o seu cinto verde en África.

Nós queremos facer un cinto verde nos montes de Vigo, e tamén no noso cole. No patio queremos mudar unha pista de terra, que parece un deserto, por un lugar onde a fauna e flora vivan en paz. A primeira das árbores plantámola o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

A maiores queremos crear un viveiro, como fixo Wangari, para coidar árbores e logo doalas. Queremos colaborar coa fundación Green Belt Movement en Quenia e a Mancomunidade de Montes de Vigo. Así como con calquera outra organización que se queira sumar ao noso pequeno cinto verde.

Temos de prazo ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Para ese día soñamos con ter 1.000 pequenas árbores. O curso pasado queríamos 1.000 grúas, porque non este curso 1.000 árbores?

 Para iso precisamos a vosa axuda: necesitamos sementes e brotes de árbores para poder coidar ata que estean preparadas e sexa o momento de levalas aos Montes de Vigo ou onde fagan falta.

Tamén precisamos terra, fertilizantes, macetas...

Axudádesnos a conseguir o noso reto? Facédenos chegar as vosas doazóns ao cole. Estaremos encantados e encantadas de recibilas e coidalas.




Reto anual propuesto por el alumnado del CEIP VALLE-INCLÁN de Vigo, desde el Club de Convivencia, con el objetivo de construir un mundo mejor. Curso 20/21.

Comentarios