MANIFESTO POLA PAZ 2024. RETO E COMPROMISO A ASUMIR

 


COMPROMISO EN FAVOR DA PAZ

RETO A CUMPRIR:

Esta comunidade educativa, comprométese a asumir o legado de Anna Frank como comunidade defensora da paz e dos dereitos humanos en prol do desarme armamentístico.

Por tanto, e en memoria de aquelas persoas que, como Anna, perderon a súa vida nunha guerra, comprometémonos a loitar para o desarme armamentístico sendo unha “comunidade pacifista”, custodia e benfeitora da paz e do benestar das persoas.

Pretendemos ser así unha comunidade que promova a democracia e que  contribúa á resolución pacífica dos conflitos, e sendo doadores de accións pacíficas para o desarme  desenvolvendo iniciativas de apoio a comunidades en conflito.

Para contribuír a un mundo sen armas:

  • queremos recoller xoguetes que sexan armas,
  • facer unha carreira solidaria,
  • e sumar horas de voluntariado en accións relacionadas coa paz e o desarme,

Aceptades o reto?

Comprometidos e comprometidas con este manifesto, as e os que abaixo asinamos faremos que isto se cumpra alí onde esteamos.

#OBXECTIVO5DEMARZO. O MUNDO QUE QUEREMOS.

 

    CEIP VALLE- INCLÁN, A 30 DE XANEIRO DE 2024.


Comentarios