PARTICIPA NO ENCONTRO SOLIDARIO POLO DESARME E A PAZ

Todo o mundo será ben recibido no noso ENCONTRO SOLIDARIO de Castrelos do vindeiro domingo 3 de marzo ás 11:00.
Pasaremos unha xornada familiar sumando quilómetros pola paz e o desarme.
Para elo debedes inscribirvos previamente a través do correo electrónico na dirección: inscripcionencontrosolidarioVI@gmail.com
A inscrición ten un custo de 2 euros (que serán doados ás ONG: Oxfam e ACCEM) que entregaredes en efectivo ao recoller un adhesivo identificativo, que levaredes pegado na vosa camiseta.
Entregarémosvos tamén un carné que poderedes ir selando no percorrido para contabilizar os vosos quilómetros, e que sumaremos ao noso #obxectivo5demarzo. 1000 accións polo desarme e a paz.
As familias do Valle-Inclán Inclán, poderedes recollelas con antelación (informaremos nos próximos días), ou o mesmo día do Encontro ás 10:30 no stand de saída.
Despois do percorrido, podemos quedarnos a comer todas e todos xuntos. Pola tarde gozaremos dunha recompensa e das actuacións de “Mariete Clown” e “La Compañía Espectacular, cuando el teatro y la música bailan”.
Seguiremos actualizando a información.

Comentarios