#OBXECTIVO5DEMARZO. O MUNDO QUE QUEREMOS
1.000 ACCIÓNS POLO DESARME A PAZ
Un
ano máis esta comunidade educativa, comprométese a asumir un reto para mellorar o mundo no que vivimos e achegarnos un
chisquiño máis ao mundo que queremos.
O
primeiro ano foi conseguir mil grúas de papel como Sadako Sasaki, o segundo, 1000 árbores como Wangari Maathai, o terceiro 1000 quilos de doazóns para as
protectoras como David Attenborough,
o cuarto 1000 esculturas como Judith
Scott, e este quinto reto queremos conseguir 1000 accións en prol do
desarme e a paz, seguindo o legado de Anna
Frank. Ata agora conseguimos todos os retos que nos propuxemos, por que ía a ser menos este ano?
Polo
tanto, e en memoria de aquelas persoas que, como Anna, perderon a súa vida
nunha guerra, comprometémonos a
traballar para o desarme sendo unha “comunidade
pacifista”, custodia e benfeitora da paz e do benestar das persoas en calquera parte do mundo.
Para
contribuír a un mundo sen armas presentamos un novo reto para o que precisamos a vosa axuda:
-
Queremos recoller xoguetes que sexan armas para
reciclar. Teremos como punto de recollida o noso centro educativo, a
asociación de veciños do Calvario, Caracatús Escola de Familias e outros
lugares que se queiran unir a nosa causa.
-
Faremos
unha carreira solidaria no cole o 4
de marzo, en favor de Save the Children,
para a que os nosos e as nosas pequenas corredoras precisarán patrocinadores.
-
Faremos un
Encontro Solidario o domingo 3 de marzo ás 11:00 no Parque de Castrelos onde xunt@s sumemos quilómetros pola paz e o desarme en
colaboración con Oxfam Intermon, ACCEM e
-
Na semana
do 26 ao 1 de marzo faremos unha
xornadas de sensibilización no centro a cargo de Intermon Oxfam, ACCEM e Asociación de Ucranianos en Galicia Girasol.
-
Faremos
unha feira solidaria de 5 ao 7 de
marzo para recadar fondos para estas
ONG.
Temos de prazo
para conseguir as mil accións ata o 5 de marzo, Día Internacional de
Concienzación sobre o Desarme e a Non Proliferación
Aceptades o reto?
Sumade accións con nós!!
Se queredes colaborar podedes contartarnos
en ceip.valle.inclan.vigo@edu.xunta.gal
#OBXECTIVO5DEMARZO. O MUNDO QUE QUEREMOS.
Comentarios
Publicar un comentario