RECADACIÓNS 1000 ACCIÓNS POLA PAZ

Logo de días de moito traballo de voluntariado, podemos comunicar orgullos@s que o esforzo ben mereceu a pena.

Afirmamos pois, que grazas a comunidade educativa do Valle, patrocinadores, colaboradores, ONG, ... hoxe o mundo é un pouco mellor!!!

Seguiremos traballando a reo para conseguir O MUNDO QUE QUEREMOS.

Recolle a doazón Marta Skyba presidenta de AUG_Girasol

Recolle a doazón Ariadna Navarro Liaño, responsable provincial- ACCEM Vigo

Recolle a doazón Amparo Landín, responsable  OXFAM Vigo

Envío por transferencia a Save the Children España.
  • Doazóns GIRASOL: 324'03€ (158'46€ da venda das súas pulseiras e de doazóns na feira solidaria + 165'63€ dos Encontros Solidarios). Estes cartos irán destinados a mercar medicamentos para os feridos e feridas na guerra de Ucraína.
  • Doazóns ACCEM: 291'86€ (126'16€ da venda das súas sementes e de doazóns na feira solidaria + 165'70€ dos Encontros Solidarios). Estes cartos irán destinados ás accións solidarias da ONG.
  • Doazóns OXFAM: 1.297'58€ (1.131'98€ da venda dos seus produtos de comercio xusto e de doazóns na feira solidaria + 165'60€ dos Encontros Solidarios). A recadación da feira irá destinada as cooperativas de comercio xusto e os donativos irán destinados ao fondo de emerxencias mundial.
  • Doazóns SAVE THE CHILDREN: 152€, da carreira solidaria no centro o día 4 de marzo. Irán destinados a unha campaña contra a desnutrición infantil.
TOTAL RECADADO: 2.065'47€



Comentarios