Un ano máis, reunímonos no Día da Infancia para reflexionar sobre o mundo no que queremos vivir.
Aínda que sexamos pequenos e pequenas podemos facer cousas moi grandes.
Xa o amosamos o curso pasado, onde traballando xuntos e xuntas conseguimos un reto que ao principio parecía case imosible.
Agora toca propoñer un novo reto, pero antes imos a repasar o que xa conseguimos ata agora (preme na imaxe para acceder á presentación)
Este ano queremos traballar para conseguir apoderar ás persoas maiores.
Vemos que algunhas persoas anónimas que nos rodean cando chegan á vellez deixan de ser coidadas, son abandonadas, maltradadas ou afastadas caendo na falla de autoestima, no esquecemento e na soidade.
Sabemos que isto supón traballar o respecto e estamos dispostos/as a axudalas a empoderarse.
Este ano queremos traballar para empoderar á vellez.
Seremos colibrís. Farémolo o mellor que poidamos. Aceptades o reto?
Outro ano maís chega un momento importante para nós, despedir aos representates do reto anterior e darlle a benvida ás novas e novos.
Moitas grazas aos que rematades a vosa andadura con tanto éxito, e moito ánimo aos que comenzades con tanta ilusión.
A polo reto 2025!
Comentarios
Publicar un comentario