COMPROMISO EN FAVOR DA PAZ
RETO A CUMPRIR: APODERAMENTO DA
VELLEZ
Esta comunidade educativa
COMPROMÉTESE a reivindicar a valía das persoas anónimas que nos rodean e que ao
chegar á vellez deixan de ser coidadas, son abandonadas, maltradadas ou
afastadas, queremos traballar en accións que contribúan en acompañar, axudar e
favorecer o benestar das persoas anciás, para loitar contra as tres pragas da
vellez: SOIDADE, IMPOTENCIA E ABURRIMENTO. Queremos tamén loitar contra o
idadismo, que é a discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de
idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores.
Para contribuír a todo isto
presentamos un novo reto para o que precisamos a vosa axuda:
ü
Queremos escribir cartas que presten apoio ou
acompañamento en datas como festas, aniversarios… Teremos como punto de
recollida o centro educativo, a asociación de veciños do Calvario, e outros
lugares que se queiran unir.
ü
Visitaremos centros de maiores.
ü
Participaremos en accións como: contacontos ou
obradoiros con persoas maiores.
ü
Tamén queremos sumar horas de voluntariado en
accións relacionadas co coidado ás persoas anciás con Cruz Vermella, centros de
Día…
ü Asemade faremos unha feira solidaria para recadar fondos en prol das persoas anciás.
Temos de prazo para conseguir as
1.000 ACCIÓNS ata o 15 de xuño,
“Día Mundial de Toma de Conciencia
do Abuso e o Maltrato na Vellez”
Aceptades o reto?
Comprometidos e comprometidas con
este manifesto, as e os que abaixo asinamos faremos que isto se cumpra alí onde
esteamos.
#OBXECTIVO15DEXUÑO, O MUNDO QUE
QUEREMOS.
CEIP VALLE- INCLÁN, A 31 DE XANEIRO DE 2025.
Comentarios
Publicar un comentario