VISITAMOS ALENDIA DENTRO DO RETO ANUAL

Dentro da Semana de Sensibilización pechamos as actividades coa visita dos nenos e nenas aos nosos veciños e veciñas do Centro de día Alendia. 

Alí nos tiñan organizadas unhas actividades compartidas coas persoas usuarias. 

Os e as peques do cole fixeron psicomotricidade. Os medianos e medianas xogaron ao Lince e pintaron mandalas. E os e as maiores colaboraron no obradoiro de memoria e axudaron no comedor. 

Foron momentos incribles, que sen dúbida deixarán pegada en máis de un/unha. 

Seguimos sumando horas de acompañamento!



Comentarios