ACTO #OBXECTIVO15DEXUÑO. APODERAMENTO DA VELLEZ

Un ano máis podemos afirmar que esta comunidade educativa superou con creces o reto proposto. Neste caso, 1496 horas de acompañemento á persoas maiores.
Moitas grazas a todas as persoas implicadas, alumnado, profesorado, ANPA, ao Centro de día Alendia, ao Programa de Maiores da Cruz Vermella, e como non, a Antonio Piñeiro e o seu equipo de Cachibol.

Moitas grazas á Concelleira de Educación, Olga Alonso e ao director territorial da Consellería de Educación, César Ares, por acompañarnos un ano máis.
E por suposto grazas a esas persoas maiores relevantes por formar parte da Historia de Vida do noso alumnado.
E dende hoxe, queda inaugurada a nosa Prazas das Antergas.
















 

Comentarios