APRENDEMOS A XOGAR AO CACHIBOL!

Grazas a ANPA e a un avó do cole, durante os meses de maio e xuño, en horario de tarde, puidemos compartir horas de adestramento co equipo de Cachibol para persoas maiores de 50 anos. Descubriron que para facer deporte non hai limitación de idade, só limitacións técnicas.

Aprenderon as normas e compartiron momentos moi divertidos.

Quen sabe, será este o principio dunha gran amizade? Seguro que si!!!




Comentarios