VISITAMOS CRUZ VERMELLA

O día 29 de maio, o alumnado de 3º a 6º tivo unha xornada de convivencia cos usuarios e usuarias do taller de memoria dos xoves. Xogamos, entre outros, a Verdade e mentira e a Tea de araña. Foi moi enriquecedor para ambas xeracións. Compartimos momentos moi divertidos con elas e eles!!

Tamén puidemos coñecer de primeira man como traballa unha ONG, neste caso a Cruz Verlla. Grazas ao persoal pola súa amabilidade!

E por suposto, entregamos as 184 cartas contestadas!!! Todo un intercambio de Historias de Vida.

Unha experiencia social en toda regra.

Imos a polas 1000 horas de acompañamento.











Comentarios