O SÉTIMO CLUB DE CONVIVENCIA! Compromisos e titorial de grúas de papel

E xa imos polo sétimo, quen nolo ía a dicir no curso 2019/20, onde aqueles peques con tanta ilusión conseguiron máis de 1000 grúas de papel... Hoxe grazas a ese entusiasmo seguimos a súa estela. 

Xa temos constituído o novo Club de Convivencia, que dende o Día da Infancia xa está traballando por mellorar a convivencia no centro e por facer do mundo un lugar mellor. 

De entrada xa asinaron os compromisos que supón ser membro deste Club. Tamén están aprendendo a facer grúas de papel, como as que levan nas súas gorras e xa están facendo propostas para mellorar a convivencia, neste caso no patio.

E así, con ilusión arrancamos. Que nos deparará este novo reto? Sabemos como empeza, pero nunca sabemos a onde esta comunidade unidade pode chegar. 











Se queres aprender a facer grúas de papel. Aquí tes un titorial.



Comentarios