QUE É A DESNUTRICIÓN?
Desde a Fundación Save the Children, hai máis de 100 anos, un dos nosos
piares básicos foi procurar a supervivencia de nenos e nenas en situacións de
vulnerabilidade. Os conflitos ou as consecuencias do cambio climático poden
levar a infancia ao límite e a desnutrición é a súa consecuencia. Esta non é unha
causa perdida e pódese previr e tratar.
A malnutrición pode ser crónica ou aguda, dependendo do tipo de alimentacion,
sendo a crónica causada pola inxesta de alimentos pobres en nutrientes durante
moito tempo, e a aguda desenvolvida por comer moi pouca cantidade de alimentos
durante semanas.
Ademais, un neno ou nena con desnutrición é máis proclive a sufrir enfermidades
como a diarrea ou o cólera, posto que o seu sistema inmune está moi debilitado, o
que pode complicar aínda máis a súa situación.
Podedes ampliar a información con estes breves vídeos sobre o tema:
Se queres saber máis: preme aquí.
Actualmente 16 millóns de nenos e
nenas menores de 5 anos enfróntanse á
desnutrición aguda grave cada ano e, co
poder do cacahuete, podemos tratalos.
A fame si ten cura.
O PODER DOS
PEQUENOS XESTOS
5 PREGUNTAS SOBRE A PASTA DE CACAHUETE
A pasta de cacahuete fai marabillas e por iso a utilizan para tratar nenos e
nenas con desnutrición. Pero, ¿que ten de especial? Contámosvolo a través destas
cinco preguntas e respostas:
1. Que é o Alimento Terapéutico Listo para Usar (RUTF, polas súas siglas
en inglés) ou, como nós o chamamos, sobres de pasta de cacahuete?
Componse dunha mestura de manteiga de cacahuete á que se lle engade aceite
vexetal, leite en po, proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais. Esta mestura
de alta enerxía (500 Kcal por sobre) absórbese no corpo á velocidade do raio, polo
que un neno desnutrido volve fortalecerse en 4-6 semanas.
2. Por que é tan útil a pasta de cacahuete?
Aguanta máis de 2 anos sen refrixeración e pódese transportar e entregar
facilmente, mesmo en lugares moi remotos. Pode consumirse directamente do
envase, o que facilita que os nenos e nenas o coman por si mesmos e tamén é doado
de dosificar.
3. Como de rápido se recuperan os nenos e nenas que teñen desnutrición
grazas aos sobres de pasta de cacahuete?
Despois dun tratamento de dúas semanas, volven ter un peso normalizado. Despois
continuamos dúas semanas máis para que recuperen forzas. Nos casos máis graves,
o tratamento pode chegar a durar 8 semanas. Ademais da nutritiva pasta de
cacahuete, os nenos e nenas reciben tamén atención médica para suprimir posibles
infeccións como a pneumonía ou o sarampelo.
4. Por que só se administra a nenos e nenas entre 6 e 24 meses de idade?
Dáse prioridade a nenos e nenas de 6 a 24 meses porque son os máis vulnerables
á desnutrición aguda pola falta de lactación ou por complicacións médicas. Antes
dos 6 meses dependen do leite materno (ou, se non é posible, de apoio con leite en
po), e despois dos 24 meses a súa dieta pode cubrirse mellor con alimentos locais
diversos, aínda que en casos graves se pode manter o uso da pasta de cacahuete.
5. Ao subir o prezo dos alimentos no mundo, tamén aumenta o prezo da
pasta de cacahuete?
Si. O aumento global dos prezos tamén encareceu os sobres de pasta de cacahuete
e outros custos como o transporte. En Save the Children traballamos para asegurar
que cada recurso se use en beneficio dos nenos e nenas.
COMO ATENDE SAVE THE CHILDREN AOS NENOS E NENAS
CON DESNUTRICIÓN
O SEU TRABALLO EN 6 PASOS
1. Ten desnutrición?
Primeiro fixámonos na súa condición
física. Medimos o perímetro do seu
brazo, pesámolo e medímolo.
2. Ten algunha outra
complicación médica?
Se é así, queda ingresado
directamente.
3. Ten apetito?
Preguntamos á nai polo seu apetito e ofrecémoslle
alimento terapéutico. Se come máis de dúas
culleradas sen forzalo, sabemos que seguirá
comendo na casa sen problema.
4. Axudamos á nai.
Axudamos á nai a mantelo ben alimentado e a
que teña boa temperatura. Se o neno está débil,
ensinamos á nai a manter a súa temperatura
mediante contacto pel con pel, mantas e un
gorriño. Dámoslle leite terapéutico e vitaminas
para que llo administre cunha culler, sempre
sen forzar.
5. Tratamos calquera complicación.
Unha vez que o neno se estabiliza, tratamos calquera
outra complicación médica. Tamén atendemos ás
nais mentres están nos centros e dámoslles comida e
suplementos vitamínicos.
6. Cando está mellor,
enviámolo a casa. Unha vez que o neno se atopa mellor,
a nai e o neno poden irse a casa
co tratamento, e explicámoslles
como subministralo e que facer se
o neno empeora.
60€
Custa o tratamento
completo desta pasta de
cacahuete terapéutica
para un neno ou unha
nena: seis semanas de
nutrición intensiva que
lle salvan a vida.
40€ Poden proporcionar pasta de cacahuete de alto contido nutricional a 4 nenos durante 1 semana.
40€ Poden proporcionar pasta de cacahuete de alto contido nutricional a 4 nenos durante 1 semana.
10 €
Cobren 1 semana para 1 neno/a.
Podes acceder ao Dossier completo aquí.
Comentarios
Publicar un comentario