ARRANCA A VIAXE CO MUNDO A VOLTAS! RETO 2026

 O pasado luns día 19 o noso mestre Cristian partía dende o cole rumbo ao Sáhara Occidental, unha viaxe que seguiremos moi de preto, a través da súa canle "Co mundo a voltas". 

Con el non só aprenderemos a viaxar dun xeito sostible, respectuoso e económico, senón que queremos empaparnos da cultura e da xente dos lugares polos que pase.

Porque respectando outras culturas viviremos nun mundo mellor.


E desta viaxe quixo facerse eco a TVG. 

Aquí tendes a reportaxe. Podedes acceder directos a partir do minuto 20.



Comentarios