DÍA DA PAZ. CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

Este ano celebrámolo por unha banda, dándolle valor ao que fai o mestre Cristian @comundoavoltas, pero por problemas coa súa conexión non puidemos falar con el como estaba previsto. Iso si, mandounos un vídeo animándonos a correr pola paz.

E por outra banda o alumnado amosou o seu compromiso coa paz no mundo facendo unha carreira solidaria en apoio a @savethechildren_es.
Nos días previos dende a educación física comprenderon que "se te moves, o mundo móvese".


Grazas ao esforzo das crianzas e as vosas achegas contribuímos a "ser parte deste movemento que cre nun mundo máis xusto para a infancia".


Achego o agradecemento da ONG.

Querida comunidade educativa,
Recibimos un ingreso pola cantidade de 881,61€ do voso centro.


Queremos agradecervos fondamente, en nome dos nenos e nenas dos nosos programas, o voso esforzo e dedicación. Grazas pola ilusión coa que levastes a cabo a actividade solidaria e por ter contaxiado ao voso alumnado o valor da solidariedade. O seu entusiasmo foi motor de esperanza e puxo de manifesto que os pequenos xestos marcan a diferenza.


Tamén queremos agradecer ás familias que contribuíron con xenerosidade. O seu apoio permítenos seguir defendendo os Dereitos da Infancia, asegurando que cada neno e nena poida medrar protexido, aprender con dignidade e soñar cun futuro cheo de oportunidades.


A vosa implicación non só transforma vidas, tamén inspira. Grazas por ser parte deste movemento que cre nun mundo máis xusto para a infancia.



Podes acceder aquí a memoria de Save the Children para ver en que se empregarán as vosas doazóns. 

Comentarios