Hoxe, 27 de febreiro, é un día importante en prol dos dereitos humanos, pois se conmemora a proclamación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
Así, durante estes días, iniciamos no cole unhas xornadas de sensibilización coa axuda de SOGAPS; as actividades que fixemos estiveron relacionadas co reto que estamos a desenvolver este ano: #obxectivo27defebreiro “Mil accións polo Sáhara”.
Ensináronnos cousas da súa cultura e coñecemos o motivo de por que os saharauís viven en campamentos de refuxiados no deserto de Arxelia.
Tamén aproveitamos para entregarlles as nosas cartas para que as poidan entregar nos campamentos de persoas refuxiadas.
Estamos desexando que nolas devolvan contestadas para poder empezar a traballar. Lembramos que este ano buscamos axudar aos nenos e nenas dos campamentos de Tindouf a cumprir algún soño e a recadar toda a axuda humanitaria que poidamos.

Comentarios
Publicar un comentario