MOITAS GRAZAS FAMILIAS. ENCONTRO SOLIDARIO

Aínda temos o corazón cheo despois do domingo tan marabilloso que vivimos en Castrelos. Ver o parque cheo de bicicletas, peques a pé e ata motos de xoguete 🛵 sumando quilómetros de pura solidariedade no evento “1000 Accións polo Sáhara” foi algo máis que bonito... ¡foi emocionante! 🚴‍♀️🌍


Non hai nada máis grande que ver aos nosos fillos e fillas medrar con valores, compartindo sorrisos e deporte por unha causa tan nobre. Grazas de corazón a todas as familias que fixestes posible un día tan máxico e familiar 🤗✨


📦 Para os que non puidestes estar alí pero queredes sumar o voso gran de area, ¡a vosa axuda segue sendo vital! Queremos que ningún neno e nena alí quede sen a ilusión de estrear material escolar o vindeiro curso 📦✏️

Habilitamos tres puntos de recollida no colexio (na entrada xunto ao comedor, no primeiro andar xunto á aula de inglés, e ao carón da secretaría) onde podedes deixar:


🖍️ Lapis, bolis, pinturas, rotuladores, acuarelas e témperas.

📁 Cartafoles, cadernos, papel e folletos educativos (tipo Rubio).

📏 Regras, afialápices, cola, gomas...

🎒 Mochilas, estoxos, cartulinas e adhesivos.


🌟 As crianzas do noso Clube de Convivencia encargaranse de clasificar e coidar cada doazón ata o momento do envío. Por iso, para axudalos a que todo saia perfecto, pregamos que non se manipule nin se cambie de sitio o material.


Calquera pequena contribución viaxará cargada de esperanza. Estamos seguros de que os nenos e nenas que reciban estes paquetes farano co maior dos sorrisos e cunha ilusión inmensa 💕


Grazas unha vez máis por demostrar que somos moito máis ca un colexio: somos unha comunidade unida, comprometida e con moito corazón 🌟


#Solidariedade #ComunidadeValleInclán #1000AcciónsPoloSáhara #EducaciónEnValores #VigoSolidario



Comentarios