VISITA A DISCAMINO

 O alumnado de terceiro ciclo tivo a sorte de participar nunha actividade de sensibilización cunha parte importantísima do reto deste ano... Discamino.

Esta ONG que se encarga de axudar a cumprir soños de persoas con mobilidade reducida e ou discapacidade sensorial, ou de calquera tipo, foron os que doaron a bicicleta coa que o mestre Cristian percorreu os máis de 2000 km que hai dende o cole ata o Sáhara Occidental.

Grazas a súa invitación fomos unha representación do cole a coñecer máis afondo a súa labor e puidemos probar as hands bike.

Aprendemos o valor do altruísmo en estado puro e comprendemos a importancia dos pilotos de Discamino, sen elas e eles, os soños de tanta xente non sería posible.









Comentarios