Moitas grazas a todas as persoas que o fixestes posible, alumnado, profes, familias e por suposto a Conchi de @sogaps_sahara , por acompañarnos e contarnos tan ben, que sucede no Sáhara e por levar as nosas cartas aos campamentos.
Grazas por explicarlles como unhas crianzas tan pequenas poden axudar, especialmente no momento actual, onde a cantidade de conflitos fai que a axuda humanitaria non chegue para cubrir as necesidades dos que os padecen.
Moitas grazas tamén a Cristian do @comundoavoltas por aterrar no noso centro e contaxiar o teu xeito de vivir. 🌍
Grazas por atreverte a facer máis de 2000 km en bicicleta para amosar a lexítima terra dos saharauís aos nosos peques e contarlles a débeda pendente que temos en España para con elas e eles.🚵
Pero o noso obxectivo non remata aquí. Seguimos recollendo material escolar, que tanta falta fai nos campamentos.📒📝✏️🗒️📄🖌️📐📏✂️🖇️🖋️🖍️📚.
Podedes traelos ao cole ata final de curso, ou empregar os vosos propios puntos de recollida, aos que iremos encantadas cando nos digades a recollelos.
Por un Sáhara libre!
Comentarios
Publicar un comentario